Cando non somos donos da nosa propia vida soñamos con ser ceibes, sen atadura de ningún tipo, os donos da nosa propia vida. 
Pero sempre vai alguén que leve os fíos da nosa existencia e debemos cumprir normas e participar no xogo queiramos ou non. Ata cando descansamos, seguimos a ser controlados.
Hai intres nos que a rebeldía convídanos a tentar fuxir do sistema. Soltámonos dos fíos aínda que sexa a contracorrente até sentirmos en liberdade. Pero logo decatámonos que para que sexa realmente unha liberdade coma tal, teriamos que decantarmos pola soidade e iso conleva outro tipo de atadura.

Outras series:

Subir