Temos dúas vidas e a segunda comeza cando te decatas de que só existe unha.
Anxo naceu en Santiago de Compostela no ano 1973 e comezou na fotografía coa emulsión, nun mundo analóxico onde os flashes estoupaban con fogonazos de magnesio.
Gústalle practicar unha fotografía directa tentando ollar dun xeito moi naif e coa curiosidade dun meniño tratando de desfacerse de calquera experiencia, fose boa ou mala, que puidese influír no resultado final a pesar de que a nosa afección é moi subxectiva e autobiográfica.

FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023
Sen as técnicas aprendidas, non tivese chegado aos resultados que ando a procurar... pero só coa técnica, tampouco!
Fotografía na rúa, xeralmente preto da súa casa, todo aquelo que consegue chamarlle a atención. As imperfeccións das contornas urbanas fánselle fermosas e MEMORIAM URBIS non é outra cousa ca un compendio das súas loucuras e desvaríos.
Non pon nin quita nada durante a toma nin tampouco logo durante o procesado das súas fotografías. Pero isto no quere dicir que nin saiba, nin sexa detractor de quenes si optan por facelo.

FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023
Podes contactalo enviando un correo electrónico a:
info@memoriamurbis.com
ou se o prefires podes directamente usar o formulario de contacto que aparece ao pé desta páxina, pois ben sendo o mesmo pero sen precisar entrar no teu xestor de correo electrónico.
info@memoriamurbis.com
ou se o prefires podes directamente usar o formulario de contacto que aparece ao pé desta páxina, pois ben sendo o mesmo pero sen precisar entrar no teu xestor de correo electrónico.
Ou tamén por medio das redes sociais ás que podes acceder premendo nas iconas a pé de páxina.
Graciñas! A túa mensaxe foi enviada con éxito. Tratarei de dárche unha resposta máis cedo ca tarde. Apertas!