Cun ollar ás veces desconfiado, outras curioso, non pode evitar achegarse a entender o mundo e sempre parece que todo é novo para el.
Pero o seu cerebro, ó igual co noso, precisa de cando en vez dun reseteo. O mesmo que calquera computadora. Nos seus descansos a miúdo soña e; en ocasións, tamén é sobresaltado por algún pesadelo.
Coma bon entendedor da vida, sabe que moitos deses pesadelos veñen provocados polas cousas que os seus súbditos ven nesa caixa tola que bota ruído e imaxes incoherentes... así que chega a hora de apagar o aparello ese e seguir a descansar con tranquilidade.
El é así, gústeche ou non, e non ten porqué cambiar; non me gustaría que cambiase nada en absoluto. O aprecio cos seus defectos mailas súas bondades. Non sei se o meu amo sinte o mesmo, pero coma bon súbdito, iso é algo irrelevante.

Outras series:

Subir