Sobre a obra fotográfica e a obtención de dereitos
Toda a OBRA FOTOGRÁFICA, ILUSTRACIÓNS e TEXTOS que se publican en todo o sitio MEMORIAMURBIS.COM pertence ó seu autor ANXO DAFONTE*. Polo tanto, tódolos dereitos están reservados e garantidos polas leis internacionais. Para calquera ampliación das condicións e licencias sobre a citada OBRA FOTOGRÁFICA, ILUSTRATIVA y LITERARIA ten que ser obtida explicitamente e por escrito podendo solicitarse a través do correo electrónico info@memoriamurbis.com, non sendo válida a licenza mientres non se ofreza unha resposta que a valide.
Cookies e privacidade de datos
O sitio MEMORIAMURBIS.COM está alonxado na plataforma de Adobe Portfolio e administrado por ANXO DAFONTE*. Se quixeras coñecer máis sobre coma é que Adobe xestiona este tema, deberás acudir á súa política de cookies e privacidade. ANXO DAFONTE* non recolle datos nin instala cookies pola súa conta. Moito menos comercia non nada semellante.
Cando te comunicas mediante o formulario, o fas directamente co administrador do sitio ANXO DAFONTE* o cal usará o teu nome e enderezo de correo electrónico pra ofrecerche unha respota; motivo polo cal, deberás deixar ese dato durante a túa consulta ou o máis probábel é que a túa mensaxe sexa directamente eliminada.
ANXO DAFONTE* non garda nin almacena datos persoais de ningún tipo. Ó non practicar comercio electrónico nin ningunha outra actividade comercial, no se che solicitará por ningún medio un xeito de pago. Se recibiras algunha petición semellante, elimina directamente esa mensaxe porque a súa procedencia non será desta web.
Sobre os dereitos de autor
A normativa internacional protexe os dereitos de autor e de imaxe desde o mesmo intre no que é xenerada a obra.
Cada autor resérvase o dereito a modificar ou adaptar as licenzas de cada unha das súas publicacións. Cando non se indica nada na publicación enténdese que tódolos dereitos están reservados.
Pra resolver calquera dúbida podes contactar directamente co autor e solicitar as ampliacións de licenza enviando un correo electrónico a:
Xurisprudenza
No caso de existir algún problema derivado do incumprimento dalgún dereito e de terse que acudir a instancias xudiciais, farase sempre baixo a xurisprudencia dos Xulgados de Santiago de Compostela, téndose que desprazar tódalas partes a eses xulgados nos casos nos que a presencia fose esixida polas autoridades pertinentes.
Aceptación das bases
O visitante do sitio, ó navegar polo mesmo, acepta ter entendido e estar totalmente dacordo cas súas políticas de privacidade, de cookies e cos presentes textos legais.
Agradezo enormemente as túas visitas e o tempo que pasas por aquí comigo, tanto que quixera aproveitar este mesmo apartado pra presentarche  os meus respectos e deixarche un agarimoso saúdo.
Apertas!
(*) Nome completo do administrador: XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ
Subir