O tempo pasa
e seguimos a recibir
as visitas dos camiñantes
que pasan por diante,
indiferentes e alleos
mentres eu,
axeonllado
e de mans cruzado,
algo aborrecido
peiteado polo ar,
esculpido polas tormentas
e bronceado polo sol,
observo por riba do ombreiro
a quen me rouba cada día
todo o protagonismo;
mais non me importa
pois na miña infinita
inerte inmortalidade
permanezo tranquilo
recompilando historias
tristeiras ou felices;
de desamores ou tamén
con loucuras de amoríos.
e seguimos a recibir
as visitas dos camiñantes
que pasan por diante,
indiferentes e alleos
mentres eu,
axeonllado
e de mans cruzado,
algo aborrecido
peiteado polo ar,
esculpido polas tormentas
e bronceado polo sol,
observo por riba do ombreiro
a quen me rouba cada día
todo o protagonismo;
mais non me importa
pois na miña infinita
inerte inmortalidade
permanezo tranquilo
recompilando historias
tristeiras ou felices;
de desamores ou tamén
con loucuras de amoríos.