Camiños de liberdade

Os soños de liberdade impúlsannos a arriscar comentendo ás veces erros guiados pola intuición e o desexo de ser donos da nosa vida. Mais, igual cando acadamos o noso soño de voar ceibes decatámonos de que esa dependencia tampouco era unha peaxe tan cara de pagar.

Nos recunchos máis profundos da nosa mente, a liberdade non é máis ca un espectro que nunca alcanzamos por completo. Aspiramos a unha vida sen ataduras onde cada decisión sexa exclusivamente nosa, cada camiño elexido sexa por vontade propia. Estes soños de autonomía infinita lévannos ás veces a arriscar, a seguir a intuición con esperanza e temor; pero con moita valentía, seguimos adiante. Mais a medida que percorremos o camiño, descubrimos que sempre hai alguén ou algo que manexa os fíos da nosa vida; igual é alguén invisíbel pero sempre omnipresente, guiándonos e condicionándonos.

Incluso nos momentos de repouso, eses soños non poden ser totalmente nosos; están marcados polas influencias externas, polas expectativas e as invisíbeis normas que nos rodean. E así, seguimos buscando esa liberdade esquiva, imaxinando que a independencia total traeranos esa paz que tanto ansiamos.

Porén, ao final desa viaxe, pode que atopemos a verdadeira liberdade cando achemos a soidade máis absoluta, onde xa non existirán os fíos que nos aten pero tampouco ninguén para compartir nin alegrías nin pesares. Esta nova situación de liberdade, tan pura e inmaculada amósanos; aínda que algo tarde, que esa ausencia dela, era precisamente o que lle daba sentido a toda unha existencia, pois é a chispa que acende a verdadeira felicidade. As normas fanse para convivir e a convivencia é polo ben de todos e non só dun mesmo porque a liberdade dun, remata onde comeza a do outro.