Sobre a obra fotográfica e obtención de dereitos
Toda a OBRA FOTOGRÁFICA e os TEXTOS que se publican en todo o sitio MEMORIAMURBIS.COM e derivados (coma poden ser redes sociais) pertencen aos seus respectivos autores e estás administrados por ANXO DAFONTE*. Polo tanto, todos os dereitos están reservados e garantidos polas leis internacionais. Para calquera ampliación de condicións e licencias sobre a citada OBRA FOTOGRÁFICA e LITERARIA ten que ser obtida explicitamente e por escrito no correo electrónico info@memoriamurbis.com ou mediante a mensaxería directa ofrecida polas redes sociais do sitio, non sendo válida a licencia mentres o mesmo non ofreza unha resposta que a valide.
Cookies e privacidade de datos
O sitio MEMORIAMURBIS.COM e todos os seus derivados está resgardado na plataforma de Adobe Portfolio e está administrado por ANXO DAFONTE*. Se queres coñecer máis sobre como Adobe xestiona este tema, deberás acudir a súa política de cookies e privacidade. ANXO DAFONTE* non recopila datos nin instala cookies pola súa conta. Moito menos comercia con nada semellante.
Cando te comunicas mediante o formulario, o fas directamente co administrador do sitio (ANXO DAFONTE), o cal usará teu enderezo de correo electrónico e o teu nome para ofrecerche unha resposta, motivo polo cal, deberías deixar ese dato na túa consulta ou o máis probábel é que a túa mensaxe sexa directamente eliminada.
ANXO DAFONTE non garda nin almacena datos persoais de ningún tipo. Ao non practicar comercio electrónico nin ningunha outra actividade comercial, non se che solicitará por ningún medio, unha forma de pagamento. Se así o recibiras, elimina directamente esa mensaxe porque a súa procedencia non será deste sitio.
Sobre os dereitos de autor
A normativa internacional protexe os dereitos de autor e de imaxe desde o mesmo intre no que é xenerada a obra.
Cada autor resérvase o dereito a modificar ou adaptar as licencias de cada unha das súas publicacións. Cando non se indica nada na publicación enténdese que todos os dereitos están reservados.
Para resolver calquera dúbida podes contactar directamente co autor e solicitar as ampliacións de licencia enviando un correo a:
Xurisprudencia
No caso de existir algún problema derivado do incumprimento dalgún dereito e se tivese que acudir ás instancias xudiciais farase sempre baixo a xurisprudencia dos Xulgados de Santiago de Compostela, téndose que desprazar todas as partes a eses xulgados nos casos no que a presencia fose esixida polas autoridades pertinentes.
Aceptación das bases
O visitante do sitio, ao navegar polo mesmo, acepta entender e estar totalmente dacordo coas súas políticas de privacidade, de cookies e cos presentes textos legais.
Agradezo enormemente as túas visitas e o tempo que pasas por aquí comigo e quixera tamén aproveitar este aviso para deixarte un agarimoso saúdo.
Apertas!
(*) Nome completo do administrador: XOSÉ ANXO DAFONTE GÓMEZ
Subir